domingo, 20 de noviembre de 2011

TARTA DE CASTAÑAS


INGREDIENTES:
1 kgr de castañas peladas
250 gr de margarina
½ l. de leite
250 de azucre
Galletas ( rectangulares)
1 tableta de chocolate ( postres)
Decoración: frutos secos…

MODO DE FACELO:
1.-Cócense as castañas con sal e pélanse.
2.- Mézclase a margarina (en pomada), o azucre, o leite e as castañas esmagadas.
3.- Móllanse as galletas en leite ( Con licor, si non é para nenos). Ponse unha capa de galletas e outra de crema.
4.- Cúbrese con chocolate, ablandado o “baño de maría”.
5.- Adórnase…

RECEITA DE INÉS GÓMEZ ESCOBAR


viernes, 11 de noviembre de 2011

BISCOITO DE LARANXA

INGREDIENTES
6 ovos
2 vasos de fariña de trigo tamizada
2 vasos de azucre branco
1 vaso de zume de laranxa
1/2 vaso de aceite de xirasol
1 sobre de levedura química

ELABORACIÓN
Para facer este postre precísase un molde que non sexa antiadherente xa que deberemos darlle a volta cando o saquemos do forno e si o mode é antiadherente corremos o risco de que caia. Tampouco podemos untar o molde polo mesmo motivo.
Preparar todos os ingredientes menos os ovos. Acender o forno a 200ºC, con calor arriba e abaixo. Mentras quece o forno separar as claras das iemas e bater as claras a punto de neve. Engadir, por este orde, sen parar de bater, o azucre, as iemas, o zume, o aceite, a fariña e por último a levedura.
Meter no forno pero cambiando a fonte de calor de modo que este saia só pola parte de abaixo, coa mesma temperatura de 200º. Deixar así durante 15 minutos. Logo baixar a 150º e manter uns 30 minutos máis. Comprobar cunha agulla se está cocido. Sacar e dar a volta ao molde sobre unha taza boca abaixo. Deste xeito evitamos que se nos aplaste.
Cando estea frío, sacar do molde coa axuda dunha lingua de silicona.
E a comer. Cando faga un xa sacarei unha foto, pero asegúrovos que é delicioso.

RECEITA APORTADA POR ISABEL PÉREZ GARCÍA